DeportesÚltima horaVídeos

O rider valdeorrés Javier Fernández abre a tempada cunha contundente vitoria no Endurama, en Ponferrada

O seu club, Bicicletas Chinquena de Verín, fíxose con varios trofeos na proba celebrada en Ponferrada (León)

 

Novo ano, novas competicións e novos trofeos. O rider valdeorrés Javier Fernández Quiroga (Bicicletas Chinquena de Verín), vén de comezar a tempada cunha contundente vitoria na primeira proba do Endurama (carreira que se fai por distintas zonas de España), disputada  o domingo 6 de febreiro en Ponferrada (León) con 230 inscritos.

 

Javier Fernández en pleno salto.

 

Na carreira celebrada no corazón do Bierzo, preto de casa, Javier subía ao alto do podio na súa categoría, elite e-bike e tamén en overall e-bike. Ademais o seu compeañeiro de equipo, Manuel Baños Benéitez, vencía en máster 30 e-bike.

 

Manuel Baños e Javier Fernández (Bicicletas Chincana) cos trofeos do Endurama.

 

Mais o inicio de tempada para o deportista da Rúa e o seu equipo tiña lugar unha semana antes, a finais de xaneiro, sendo convidado xunto ao seu compañeiro Manuel, á Gala do Ciclismo Galego 2020/2021 celebrada en Vilagarcía de Arousa, onde tamén eran galardoados polos seus resultados.

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button