En portadaÚltima hora

O ritmo do Entroido envolverá Trives o 4 de febreiro co encontro de folións dos Labregos

Comezará a partir das 15:30h. dende a finca da Barreira e rematará na zona antiga da vila

O Folión Os Labregos na pasada edición do encontro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Entroido de Trives arrancará esta fin de semana co tradición Desfile de Folións e Boteiros, que organiza a Asociación Os Labregos e que xa chega á súa décimo novena edición. O domingo, a partir das 15.30 horas, un total de 13 folións percorrerán a vila enchendo as rúas do espírito máis tradicional do Entroido. A charanga El Tatto comezará a animar o ambiente dende as 13.30 horas.

Ademais dos organizadores, Os Labregos, desfilarán os seguintes folións: Os Arrieiros de Petín, Sobrado de Trives, Chandrexa de Queixa, Fradelo, Manzaneda, Buxán, A Lardeira, A Caniceira, As Maceiras, Carracedo da Serra, Asociación Xuntos polo Fulión e A Veiga.

Este é o programa detallado para os próximos días:

Domingo, 4 de febreiro. Charanga El Tatto. 13.30 horas, amenizando o comezo do Desfile de Folións, que dará comezo ás 15.30 horas dende A Barreira e seguirá o percorrido polas rúas do pobo.

Sábado, 10 de febreiro. Festa de Entroido a cargo da Orquestra Panamá. Dende as 22.00 horas na Rúa San Martín.

Luns, 12 de febreiro. Entroido infantil. 16.30 horas.
Martes, 13 de febreiro. Desfile de carrozas e comparsas acompañadas polos folións da comarca. Repartiranse premios entre as mellores comparsas e disfraces individuais.

Artigos relacionados

Back to top button