
Unha representación do Entroido da Pobra de Trives viaxará mañá venres 21 de febreiro ata o Mercado La Galiciana. Dende as19h. ata as 00h. algúns membros do Folión Os Labregos farán unha exhibición “que dará a coñecer o Entroido do noso concello a todos aqueles que se acheguen ata o templo gourmet que conta con máis de mil visitantes diarios”, segundo informa o Concello da Pobra de Trives.
Ademais no marco desta exhibición tamén se proxectarán vídeos promocionais do municipio da Pobra de Trives “para dar a coñecer aos visitantes o noso patrimonio, cultura, tradicións e costumes”, segundo o Concello.