Mulleres de diferentes idades e de diversos puntos do municipio de Viana do Bolo xuntábanse na xornada do 1 de febreiro na vila para percorrela tocando bombos e aixadas. Era a cuarta vez que o Fulión Feminino cobraba vida e enchía do son do Entroido as rúas desta localidade, pese a chuvia que caía nesta ocasión.
O fulión comezaba a tocar ao mediodía, e tras un parón para un xantar no Restaurante A Nosa Casa, coa asistencia dun cento de mulleres, volvía soar despois da sobremesa.
Este fulión é único e tan só cobra vida un día ano. O resto do tempo do Entroido estas mulleres tocarán noutros folións da vila e tamén doutros pobos de Viana.
Fotos: Ares Pérez, agás a última da galería cedida por Jessica Granja.