CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O roteiro literario do IES Lauro Olmo do Barco cumpre 10 anos cunha gran festa final na praia fluvial do Malecón

 

Na recta final do curso o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras celebraba dúas intensas xornadas ao aire libre. Na mañá do xoves 29 de maio desenvolvíase na praza do Concello a II Feira de Formación de Profesional; e na deste venres día 30 celebraban a 10ª edición do seu roteiro literario “Atención! Xente lendo!”

 

 

Para conmemorar tan sinalada data este ano, o alumnado de toda a ESO dividíase en grupos para superar probas literarias por diferentes zonas do Barco (praza Maior, Malecón,…), mentres que os rapaces de 1º de Bacharelato actuaban como guías e xuíces durante a súa realización. Para a superación de ditas probas, o alumnado do IES Lauro Olmo tiña que retar aos transeúntes, entregándolles agasallos conmemorativos en agradecemento pola súa participación.

A actividade remataba cunha pequena festa na Praia Fluvial, con lecturas para celebrar as Letras Galegas así como actuacións musicáis do alumnado e profesorado do centro.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button