DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

O Rúa Valdeorras Futsal logra un punto de ouro, en casa ante o Atlético Arnoia

Co empate a tres remataba o partido da xornada 8 disputado no pavillón municipal da Rúa

 

Non ganaron pero case sumando un punto de ouro, en casa ante o Atlético Arnoia. Na tarde do sábado 4 de novembro as rapazas do Rúa Valdeorras saían ao parqué, no pavillón municipal da Rúa, dispostas unha vez máis a dalo todo e pelexar cada minuto por lograr a vitoria.

Facíano gardando un minuto de silencio polo recente falecemento do pai de Carol, xogadora clave do Rúa e a partir de aí comezaba un emocionante e igualado encontro que se saldada co empate a tres. Eran as visitantes as que se adiantaban no marcador cun temperán gol no minuto 3 e nese mesmo minuto, Carol empataba para o Rúa, adicando emocionad o gol ao seu pai. Tres minutos despois as do Arnoia volvían adiantarse no marcador e no 19′ Marta volvía empatar.

 

 

Nun toma e daca constante as visitantes marcaban o terceiro gol no minuto 20 e pouco despois Carol volvían marcar poñendo o 3-3 final.

A seguinte cita para as rapazas de Rosendo Durán será a vindeira fin de semanaa, de novo en casa, ante o Moaña Futsal.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button