Simplemente perfecta. Así foi a tempada 2022/2023 que as rapazas do Rúa Valdeorras Futsal selaban na tarde do sábado 3 de xuño ao lograr a XVII Copa Deputación de Fútbol Sala Feminina.
Tras unha campaña extraordinaria na que, malia os inconvintes aos que se foron enfrontando, se proclamaban campioas de liga logrando o ascenso a Preferente, o equipo valdeorrés de fútbol sala feminino viaxaba ata Barbadás para enfrontarse na final ao Cartelle FSF.

Acompañado coma sempre por un bo número de seareiros (puxeron un autobús gratuíto para que quixera ir) o partido disputado no pavillón municipal poñía pronto de cara para as amarelas co primeiro gol de Carlota, a gran anotadora da final. De feito oito minutos despois marcaba o segundo gol poñendo o 2-0 no marcador e facendo vibrar á afección. No 20′ o Cartelle poñía emoción ao econtro recurtando distancias (2-1) pero a partir de aí as valdeorresas non deron tregua. Xa na segunda parte do encontro, no minuto 30 Marta poñía o 3-1 e no 48 Carlota anotaba o seu terceiro gol sentenciando o partido co 4-1 final.

De seguido as rapazas do Cartelle facían o pasillo ás vencedoras que recibían as medallas e a ansiada Copa, diante da afección, antes de coller rumbo á Rúa onde compartían a vitoria con todo a vila.
Esta é a terceira Copa que logra o equipo feminino de fútbol sala en dous anos. Na pasada tempada conseguían tamén a Copa Deputación e nesta facían dobrete coa de Liga e a seunda da Deputación.
Fotos e vídeos cedidos.