O rider rues Javier Fernández Quiroga “Zape” segue sumando quilómetros e trofeos á súa traxectoria deportiva no mundo da BTT e máis concretamente do descenso e enduro.
Nesta ocasión lograba o segundo posto na categoría e-bike, na Montefaro Enduro Race 2024, proba da Copa de España de BTT Enduro celebrada na xornada deste domingo 19 de maio en Ares-Mugardos, na comarca de Ferrol (A Coruña).
O ciclista do club Bicicletas Chinquena de Verín completaba o percorrido de 5 tramos nun tempo de 17:14,826. Tal como el mesmo explica foi unha carreira dura “moi pasada por auga e con moitos fallos porque este ano non pensaba competir por temas laborais pero finalmente van saíndo os tempos”.
Video do podio da Montefaro Enduro Race 2024: https://youtube.com/shorts/9qurj6NQu5Q?feature=share