DeportesÚltima hora

O rues Javier Fernández, campión elite da Copa Galicia de descenso

Javier Fernández Quiroga no alto do podio da Copa Galicia DHI. /Foto cedida.

 

Obxectivo cumprido. Javier Fernández Quiroga (Bicicletas Chinquena) vén de revalidar o seu liderato na categoría elite da Copa Galicia DHI trala última proba disputada esta fin de semana en Marín (Pontevedra).

Despois de lograr o 5º posto no Descenso DH A Fracha, cuarta proba puntuable da Copa celebrada en setembro no parque forestal pontevedrés, ao rider rues só lle quedaba unha carreira para proclamarse campión por segundo ano.

Esa carreira, a VII DH Kamikazes, celebrábase na xornada deste domingo 22 de outubro no Lago Castiñeiras de Marín con case un cento de inscritos e aí Javier era terceiro, cun tempo de 02:24,125, mantendo por puntos (250) a camisola de líder na xeral, coa que subía ao alto do podio da Copa Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button