CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O rues Magín Blanco pecha o III Terrasón do Barco

 

A praza do Sagrado do Barco acollía neste mediodía de 4 de setembro a oitava e derradeira actuación do III Terrasón da man do cantante e compositor rues Magín Blanco. Trátase dun concerto e á vez presentación do libro “O Camiño da Luz” de Carlos Rego.

A cita tiña lugar a partir das 13h. e nela facíase un repaso das claves persoais e xeracionais que conflúen na autoría deste libro dentro do contexto da música pop e rock galega, e mesmo española. Despois, Magín Blanco tocaba, xunto ao propio Carlos Rego e Aser Álvarez da Burgas Beat, cos que gravou o seu disco “Clic”, e xunto a Daniel Alonso dos Amigos dos Músicos.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button