En portadaÚltima hora

O rues Xosé Manuel Merelles toma posesión como director da Axencia de Turismo de Galicia

 

Xosé Manuel Merelles Remy tomaba posesión esta mañá como novo director da Axencia de Turismo de Galicia, un acto que contaba coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen resaltaba a experiencia deste valdeorrés como “a mellor garantía para que o sector siga dando alegrías na comunidade debido aos 24 anos de experiencia que lle avalan neste departamento”.

Nesta liña, Rueda definiu a Merelles como unha “persoa colaboradora, leal e moi traballadora que coñece o oficio de sobra e sabe adaptarse ás circunstancias”, características imprescindibles para poñerse á fronte dunha actividade que supón o 13% do PIB galego e representa o escaparate por antonomasia da marca Galicia, con emblemas como o Camiño de Santiago e o Xacobeo.

Así mesmo, o presidente da Xunta tamén destacou retos futuros como a consolidación dun turismo sostible e de calidade e o mantemento dun listón que está cada vez máis alto, en relación ás cifras récord acadadas o pasado Ano Santo. “Chega unha persoa que se ten que facer cargo de seguir batendo récords con sentidiño e de mimar ao sector para que nos siga dando moitas satisfaccións”, asegurou.

Nado na Rúa (Ourense),  Merelles Remy é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama. Desde xaneiro de 1999 ocupaba a Xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button