DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosSala OurenseÚltima hora

O Sala Ourense lévase o VI Memorial Jess Carrera ante o Pizarras Tres Cuñados FS

Os ourensáns, que compiten na 2ª Nacional B, vencían 3-7 no Pavillón de Calabagueiros, no Barco

 

En memoria de Jess Carrera, o “eterno 3” falecido hai seis anos nun accidente de tráfico, se celebraba na tarde deste sábado 9 de setembro o partido amigable entre Pizarras Los Tres Cuñados FS (de Preferente Galicia) e o Sala Ourense (de 2ª Nacional B).

Un encontro que comezaba pasadas as sete e media no pavillón barquense de Calabagueiros, despois de que tres nenos da base do club enregaran á familia do homenaxeado e ante os aplausos de ámbolos dous equipos, un ramo de flores.

 

Pizarras Los Tres Cuñados FS.

 

Dende a bancada, como un afeccionado máis, o irmán de Jesús, Bruno Carrera (xogador do equipo ata o ano pasado) desfrutaba do partido que servía ao conxunto que dirixe Felipe como unha proba de nivel antes do comezo da liga a vindeira fin de semana.

Cun plantel xove e renovado, o Tres Cuñados pelexou sobre o parqué de Calabagueiros pero a superioridade do equipo ourensán marcaba a diferenza e malia os goles locais de Amadeo, Gustavo e Samuel, o partido  remataba co 3-7 e a vitoria para o Sala Ourense.

 

Sala Ourense.

 

O primeiro partido de liga para os valdeorreses será en casa, o 16 de setembro ante o CVC Valladares.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button