O Sala Ourense renova aos seus capitáns Alli e Rubén. Tralo histórico quinto posto na clasificación e a continuidade de Kike García, o equipo asegura a tempada 2020-2021, onde disputará a Copa do Rey.

Ademais, o equipo continúa coa campaña solidaria “A túa axuda é de 10”, que ten como obxectivo recadar donacións de mínimo 10 euros para mercar produtos de primeira necesidade para despois repartilos a familias necesitadas de Ourense, a través da Asociación Amencer.

Así, dende o equipo ourensán fan un chamamento para que a sociedade siga enviando os donativos ao número habilitado en Abanca (ES98 2080 0450 88 3040084773). A data límite será o luns 22 de xuño.
