DeportesNataciónÚltima hora

O Salvour pecha a tempada con 1 ouro e 2 pratas no galego absoluto de salvamento e socorrismo

 

Un total de 139 deportistas, dos os 11 clubs que conforman o elenco na comunidade galega nesta esixente modalidade deportiva participaban esta fin de semana no campionato galego de salvamento e socorrismo na categoría absoluta, celebrado na praia de Ézaro en Dumbría (A Coruña).

O club salvamento acuático Ourense, Salvour, participaba cun total de catro deportistas, destacando as actuacións en categoría absoluta de José Moure Doval cunha medalla de ouro na proba de nadar surf e un sexto posto na proba de carreira con táboa de salvamento; e a deportista Eva Feijoo Gómez que obtivo dúas medallas de prata, unha na proba nadar surf e a outra medalla de prata na proba de carreira con táboa de salvamento.

A próxima cita do Salvour será o 18 de xuño na praia de Gandarío, onde se celebrará o campionato galego infantil e cadete de salvamento e socorrismo en augas abertas.

Artigos relacionados

Back to top button