Con decoración alusiva á celebración do Samaín recibe nestes días aos seus usuarios a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco. Ademais, inclúese unha exposición de libros para todas as idades relacionados con esta festa de outono, que pode verse nada máis entrar nas súas instalacións.
Así mesmo a biblioteca barquense vén de presentar as súas novidades para este mes de outubro.
Fotos: A.R.