A Catedral de Astorga acollía o 14 de agosto un acto no que se lle rendía homenaxe ao Santuario das Ermidas (O Bolo). Por unha banda, galardoábase ao santuario bolés como “Amigo Mayor de la Catedral de Astorga”, un título que outorga a Asociación de Amigos da Catedral de Astorga, e co que se reñece como “centro mariano de sinalada referencia espiritual na Diócese de Astorga dende hai catro séculos”.
Ao mesmo tempo que se lle entregaba a distinción a representantes do santuario, facíase un recoñecemento-homenaxe aos constructores da Catedral, “pequena catedral das Ermitas”, como “vástago galego do templo asturicense.
No acto tamen estaba presente a coral da catedral de Astorga que cantaron o himno da virxen das Ermidas.
Na foto superior aparecen o guía custodio do Santuario, José Vega; os párrocos das Ermidas, José Antonio Crespo e Francisco Requena; a presidenta da asociación, Elianés Fernández Álvarez; o bispo de Astorga monseñor Jesús Fernández, e o vigairo xeral Francisco Javier Gay.
Os dous títulos entregados gardaranse no Santuario das Ermitas.
Fotos cedidas.


