ConcellosO BoloÚltima hora

O Santuario das Ermitas (O Bolo) celebrará mañá a “Octava do Rosario”

A misa solemne será ás 13 horas

“Octava do Rosario” no Santuario das Ermitas o ano pasado./ Foto cedida.

 

Dun xeito especial se celebra a festividade de Nosa Señora do Rosario no Santuario das Ermitas (O Bolo). O propio día é o 7 de outubro, pero nas Ermitas e noutros lugares celébrase o primeiro e segundo domingo (día 1 a Festa e día 8 a Octava).

“En realidade, ata o século VI o concepto de octava centrábase máis na relación do primeiro día, o da gran solemnidade, co oitavo, tamén moi solemne, no que se repetía o oficio do día principal, coma se constituísen un único día de festa. Esta perspectiva conservouse ata os nosos días, pero dando realce tamén aos días intermedios (chamados da infraoctava), o que non ocorría nun principio”, explica un dos párrocos do santuario.

Así, o pasado domingo día 1 celebrábase a Festa, con confesións, misas (dos enfermos e solemne), santo Rosario e exposición do Santísimo; e mañá domigo día 8 terá lugar a Octava con confesións ás 11:30 horas e misa solemne ás 13 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button