En portadaÚltima horaVídeos

O sector hostaleiro do Barco reivindica “poder traballar”

No mediodía deste 21 de abril tiña lugar unha mobilización neste senso na praza do Concello

 

“A mellor axuda é que nos deixen traballar”. Era a mensaxe con forma de reivindicación coa que saían á rúa no mediodía deste 21 de abril boa parte dos hostaleiros do concello do Barco, algúns deles con vestimenta de traballo, así como representantes do sector do ocio nocturno e tamén distribuidores. Concentrábanse ás 12h. na praza do Concello do Barco para amosar o seu malestar e pedir que traballar de maneira que sexa rendible. Nestes momentos o concello do Barco está en nivel de restricións alto, o que significa que non se pode servir no interior dos establecementos e que o aforo nas terrazas é do 50%.

As súas demandas e reivindicacións plasmábanse en diferentes carteis, entre elas estaban as seguintes: “todas as actividades son esenciais no momento no que as familias comen delas”, “a hostalaría non é o virus, a responsabilidade é de todos”, “loitamos polo noso futuro, todos somos hostalaría, todos estamos no mesmo Barco” ou “a mellor axuda é deixarnos traballar”.

Dende o sector dos bares e cafeterías apuntábase nesta concentración que “xa tiñamos que ter saído antes á rúa porque estamos fartos de que nos boten as culpas de todo. Ourense foi a provincia galega que menos se mobilizou e dentro delas a zona de Valdeorras. Estanos machacando por todos os lados, todo é culpa da hostalaría, pasa calquera cousa noutro sector e pecha a hostalaría e non pode ser porque son os establecementos de hostalaría os que máis se preocupan e máis actúan en prevención do Covid-19. Por iso deberíamos funcionar como o faciamos antes, que nos dean a liberdade de traballar porque isto é unha inxustiza, non podemos seguer así”.

 

 

De maneira semellantes se manifestans dende a restauración. “Con 7 mesas é estar traballando por amor á arte, non por outra cousa. E a comida para levar, pois teis algo pero no cobres os gastos que tes nun restaurante. Só recibimos paus a hostalaría, que é o máis fácil, cremos que as cifras que hai non son consecuentes coas medidas que se adoptaron. Por iso temos que protestar”, indicaba o responsable dun restaurante barquense. Con respecto ao ocio nocturno, un dos seus representantes no acto apuntaba que “o problema son os horarios e o feito que non se permita traballar no interior”.

“Eles son o núcleo, nós as ás, se eles non venden, nós non temos a quen vender, as ventas son a contagotas”, dicía un distribuidor asistente, “a situación é catastrófica economicamente, comparado co 2019, igual estamos falando dunha baixada dun 70-80%. O único que pedimos é que nos deixen traballar, con medidas, si, pero hai que traballar porque senón van acabar pechándonos a todos”.

 

Esta ten sido a primeira mobilización do sector barquense no marco da crise sociosanitaria derivada do Covid, pero non descartan organización máis accións e mesmo darlle un carácter comarcal para seguir trasladando o malestar e sentir deste sector económico.

Ademais ao final do acto recollíanse sinaturas de apoio ás demandas do sector.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button