EconomíaEconomíaÚltima hora

“O sector téxtil é un aceno de identidade de Galicia que hai que seguir proxectando con iniciativas como esta acelaradora”

Así o sinalaba Roberto Verino na presentación de VÍATEXTIL, a nova aceleradora de innovación téxtil que liderará xunto ao Consorcio da Zona Franca de Vigo

 

“Conseguir sumar para crecer. Unir para innovar e sobre todo, seguir aprendendo”. Con estas palabras Roberto Verino comezaba onte o seu discurso na presentación de VÍATEXTIL, a nova aceleradora de innovación téxtil que Roberto Verino Difusión S.A, liderará xunto ao Consorcio da Zona Franca de Vigo. Neste acto estaba acompañado polo delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades.

Esta aceleradora, que ganou Verino xunto a todo o seu equipo, liderado por Dora Casal que “axudará a moitas empresas a potenciar, enfocar e proxectar o gran talento que hai neste sector tan dinámico”, aseguraba.

Apoiado por un equipo con “ganas e moita marcha para embarcarse en novos proxectos tan interesantes como este”, Verino admitiu que “o reto que adquirimos ao presentarnos a esta licitación era conseguir que o sector téxtil galego siga sendo un aceno de identidade de Galicia que hai que seguir proxectando con iniciativas como esta aceleradora”.

Así mesmo o deseñador verinés considera que “este proxecto será o xerme de grandes cousas que poderemos facer dentro desta industria que moitas veces no canto de sumar, separa. Coñecer de primeira man empresas doutros emprendedores, axudalos e compartir sinerxias é un privilexio en si mesmo para nós”, asegurou.

A innovación da proposta, o elenco de formadores e o dinamismo da iniciativa son, segundo Verino unha receita de éxito. “Se a iso sumámoslle o saber facer dunha entidade como o Consorcio da Zona Franca, con tantos anos de experiencia en impulsar empresas con aceleradoras previas, Víatextil converterase nun lugar onde a todos gustaríanos estar.

“Animo a todos -os que como eu seguen soñando-, a que se inscriban este mes de outubro na convocatoria desta aceleradora porque estou convencido de que será unha viaxe apaixonante”, concluíu.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button