CulturaCulturaGalerías de fotos

O Seminario Menor rende homenaxe a Casares cunha exposición sobre a súa vida na institución

De todos es coñecido que Carlos Casares pasou a súa infancia, dos 6 aos 11 anos, no Seminario Menor de Ourense e, durante a súa andaina neste centro de formación, deixou inumerables recordos que hoxe, 9 de maio, recuperaron e expoñen nos corredores e salas do Seminario Menor. Cartas que escribíu, as súas notas de clase, boletíns de clase ou a súa matrícula son algunhas das lembranzas que rescataron dos arquivos. Dende o Seminario teñen previsto facer visitas guiadas cos centros educativos e incluír dentro do itinerario o departamento de Física e Historia Natural, recentemente restaurado. A exposición está aberta até finais de curso.

Antes de inaugurar a exposición, cara ás 19:00 horas, fixeron a descuberta dunha placa de Carlos Casares e logo, os asistentes ao acto, entre os que estivo o seu irmán Xabier Casares, fixeron un percorrido pola exposición. Logo, tras un pequeno ágape, deron paso á unha mesa redonda con María Camiño, Andrés Torres e Gustavo Adolfo Garrido e na que falaron de relixión e literatura na figura de Carlos Casares.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button