SanidadeÚltima hora

O Servizo de Neuroloxía do CHUO promove un torneo solidario de xadrez no marco do Día Mundial do Alzheimer

Celebrarase celebrará os días 21 e 22 de setembro e vai dirixido á participación de pacientes e familiares de Alzheimer e a todos os traballadores da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

 

O Servizo de Neuroloxía do Hospital Universitario de Ourense en colaboración con AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense) e o Club de Xadrez Liceo de Ourense, organizan un “torneo solidario de Xadrez” para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer, que se celebrará o mércores 21 de setembro de 2022.

Este torneo solidario desenvolverase no Parque Biosaúdable ubicado na azotea do Novo edificio de hospitalización as tardes dos días 21 e 22 de setembro e vai dirixido aos pacientes de Alzheimer e os seus familiares e a todos os traballadores dos hospitais e Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. A inscrición neste torneo será gratuita e poderá formalizarse na sede de AFAOR de Ourense e na propia secretaría do Servizo de Neuroloxía do Hospital Universitario de Ourense.

 

 

 

Esta actividade que estará coordinada polo mestro de xadrez ourensán, Joaquín Bello. Non se trata dunha competición, “senón dunha xornada lúdica que ten por obxectivo visibilizar a utilización de varias ferramentas ou xogos, como pode ser o do xadrez, como parte dun adestramento cognitivo que permita atrasar o envellecemento cerebral e o risco de alzhéimer ou doutra demencia senil. Estas enfermidades neurolóxicas son un problema que nos afecta a todos, pois a dependencia que xeran afecta non só ao enfermo, senón tamén á súa contorna máis próxima”, explican dende a áresa sanitaria ourensá.

As demencias son o motivo de consulta máis frecuente no Servizo de Neuroloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, nunha provincia cunha elevada taxa de envellecemento e, dentro delas, o Alzheimer representa un setenta por cento do motivo desas consultas nas enfermidades neurolóxicas dexenerativas.

 

 

Como explica a neuróloga responsable da consulta de Alzheimer do Hospital Universitario de Ourense, Rosa Rodríguez, “o diagnóstico precoz desta enfermidade, que provoca unha atrofia progresiva do cerebro, cobra vital importancia xa que un tratamento farmacolóxico posto a tempo ten resultados positivos na ralentización do proceso da enfermidade e polo tanto permitiría controlar as alteracións anímicas e conductuais básicas para a funcionalidade da persoa”.

Artigos relacionados

Back to top button