CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O show da Panorama conquista ao público nas Festas do Cristo do Barco

 

Moven masas e tal como estaba previsto era moita a xente que na tarde do xoves 14 de setembro, Día do Cristo, se achegaba ata o campo da festa, no Malecón do Barco de Valdeorras, para desfrutar co espectáculo de luz e son co que a Panorama está percorrendo a xeografía galega dentro da xira  “Life & Music Tour”.

 

 

 

A orquestra daba un primeiro pase de nove a dez e media, innovando cos grandes éxitos musicais e introducindo novos estilos e as súas xa habituais performances, acrobacias e disfraces. Nun momento da actuación, varios membros da agrupación poñían as camisetas da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, convidando á poboación “a correr contra o cancro”, na vindeira edición que se celebrará o 29 de outubro.

 

 

O show paraba xusto no momento en que comezaban os fogos artificiais e subíanse de novo ao escenario pasadas as doce e media da noite para animar a sesión verbena que remataban preto das tres da madrugada a ritmo de rock.

As festas continuán no Barco e o apartado musical deste venres corre por conta da Charanga TDB que fai o pasarrúas pola mañá; de Son do Sil que dará un concerto ás 23 horas na praza Maior; e da orquestra Tekila que actuará no campo da festa en sesión de tarde (20:30h.) e verbena (00:59h.).

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button