CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O SilFest 2018 baixa o pano cunha potente sesión de concertos

Presumido presentou ao público do festival o seu traballo Vendetta

Despois de tres xornadas con actividades para todos os gustos e idades (dende obradoiros ata catas, sesións de poesía e mesmo paseos en kaiak, ademais de moita música e a posibilidade de comer e beber, a 3ª edición do SilFest Valdeorras baixe esta noite o pano cunha potente sesión de concertos.

Na xornada do venres pasaron polo escenario D.O Valdeorras Sr. Jingles, Inerttes, The Parrots, Varry Brava e Fixemberg DJ, e hoxe, farano outras seis bandas de referencia no panorama pop, rock e indie nacional.

Os primeiros en actuar no central e último día do festival á beira do río Sil, no Barco de Valdeorras, eran The Handicaps e de seguido subían ao escenario os locais Azor 91. Un dos momentos máis esperados chegaba a continuación coa posta en escea de Presumido (banda formada polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte) que daban o toque electrónico á tarde-noite cos potentes temas do seu LP Vendetta. Despois tocáballe o turno a Nunatak, a Dinero e a Grises, os encargados de despedir o SisFest Valdeorras 2018.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button