A menos de 24 horas para que comece a edición máis completa e variada do SilFest Valdeorras, o recinto feiral á beira do río Sil, na praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras vai collendo forma.
Comezaba coa montaxe na mañá do mércores e hoxe conta xa con boa parte dos elementos, dende o peche ou as diferentes casetas, ata o escenario principal.
O programa oficial comazará mañá, venres 19 de xullo ás 18 horas cunha das actividades do Mini SilFest, pero para ir abrindo boca e da man de #vibramahou, o compostelán Futuro Alcalde dará un concerto esta noite na praza Maior. Será a partir das 23 horas e de balde.
Fotos: O SIL.