CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O singular son de Caxade enche o Teatro Lauro Olmo do Barco

Este grupo daba un concerto na tarde do 16 de maio no marco da “Semana das Letras”

A ritmo de folión, e máis en concreto do “Foliom da Rebeliom”, co público en pé e batendo palmas finalizaba o concerto de Caxade na noite do 16 de maio no Barco. O grupo que lidera Alonso Caxade (acordeón MIDI, sintetizador e voz) interpretaba sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo pezas do seu último traballo “E isto é o Amor”, como “Mica Ronrom” ou “Colesterol”; intercaladas con outras do primeiro disco, “A Dança Dos Moscas” (2014), que tamén presentaban en Valdeorras hai catro anos.

Alonso Caxade estaba acompañado por Manuel Espinho (trombón e bombardino), Manuel Paino (trompeta) e Xosé Tunhas (batería). Este grupo ten un son moi particular e unha voz que introduce ritmos pop na música tradicional galega. Este concerto formaba parte da programación da “Semana das Letras” no Barco.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button