ConcellosEleccións municipais 2023Parada de SilÚltima hora

O socialista Aquilino Domínguez comeza o seu segundo mandato como alcalde de Parada de Sil

 

Outra das Corporacións ourensás que se constituía na mañá deste 17 de xuño era a de Parada de Sil. Na sesión plenaria celebrada nun salón de actos do Concello ateigado de veciños conformábase, en primeiro lugar a mesa de idade, e logo xuraban ou prometían os seus cargos os concelleiros da Corporación desta nova lexislatura: 5 do PSdeG-PSOE, 1 do PP e 1 do BNG.

 

 

A continuación, procedíase á elección de alcalde, resultando elixido o cabeza de lista do PSdeG-PSOE, Aquilino Domínguez Díaz, que asume por segunda lexislatura consecutiva, e con maoiría absoluta, o bastón de mando do Concello de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button