











































































Agora si. Catro días despois do desfile organizado polo Concello e que remataba na Festa da Soá, A Veiga pechaba definitivamente o Entroido coa VI Xuntanza de Fulións.
Organizada pola Asociación Cultural O Son de Trevinca-Fulión da Veiga, o encontro reunía na soleada e cálida tarde deste sábado 17 de febreiro a un total de 15 de folións que percorrían a vía central da vila, dende a zona escolar ata a zona alta.
O anfitrión, o Fulión da Veiga, era o encargado un ano máis de abrir o desfile que pechaba Mormentelos e entre medias, desfilaban tocando entre boteiros, charrelos e outras máscaras, os fulións de Ramilo e Penouta, O Tameirón, Os Arrierios de Petín, Cabo da Vila, Piñeiro, Buxán, Fradelo, Os Labregos de Trives, As Maceiras, Carracedo da Serra, Bembibre, Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso.
Fotos: Mónica G. Bellver.