CulturaCulturaÚltima hora

O teatro afeccionado sube ao escenario na Rúa

A V edición das xornadas afrontan a recta final na fin de semana do 11 ao 13 de xullo

Coa gala de apertura celebrada a finais de xuño, arrancaban as V xornadas de teatro da Rúa, este ano con carácter internacional, organizadas pola asociación cultural de teatro A Ruada. Coma sempre serían os anfitrións, A Ruada, os que daban o pistoletazo de saída coa estrea da obra “Taberna sen dono”. A partires de aí pasaron polo Centro Cultural Avenida outras cinco agrupacións: Gargallada do Barco coa obra “O anel máxico”; AMBI-COCEMFE teatro de Ponferrada coa obra “Intercambiando pensamientos”; Morea Show do Barco coa obra “Microencontros”; PRODEME teatro de Monforte con “A Cidade non é para min”; e Candea teatro de Viana con “Xulia e os Pérez”.

Pechando esta edición das xornadas de teatro afeccionado, o venres 11 de xullo subirá ao escenario TEF teatro experimental flaviense, de Chaves (Portugal) coa obra “As tres pancadas”. Dende a organización esperan contar coa asistencia do Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo.

O sábado día 12, será o grupo La Caja de Pandora de Verín o que actúe a partires das 21:30h. poñendo en escea a obra “Perseguindo un soño”.

E xa o domingo día 13, terá lugar a gala de clausura, cunha nova actuación do grupo de música e baile Abertal e do grupo Pisabarros de Veigamuíños que porá o broche coa obra “Cincocentos anos e un día”.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button