DeportesÚltima horaVídeos

O Torneo de Golf Rústico pecha o programa deportivo das Festas de Verán na Rúa

O vencedor desta edición foi Luis Rey

 

Atletismo, tenis e golf. Son as tres disciplinas deportivas que conformaron o apartado deportivo deste ano nas Festas de Verán da Rúa, recuperado tralo parón da pandemia.

 

 

A Milla Urbana reunía a máis dun cento de participantes na tarde-noite do venres día 4, o Torneo de Tenis remataba onte coa vitoria absoluta de Carlos Blanco; e o Torneo de Golf Rústico celebrábase na tarde deste luns 7 de agosto, día festivo local e último das festas.

 

 

Nunha das tardes máis calurosas do que vai de verán, os afeccionados ao golf da comarca (sobre todo da Rúa e tamén Petín) achegábanse ata o antigo campo de fútbol do Aguillón para participar nesta modalidade “por aproximación”. Este ano o vencedor do torneo foi Luis Rey e o segundo e terceiro premio compartido foi para Emiliano Quiroga, Amancio Díaz, José Blanco. O premio Aproach foi para Alfonso Pérez.

 

 

A competición nacía hai case vinte anos no marco das Festas de San Antón, en Fontei, pero pronto pasou a formar parte da programación das chamadas “Festas da Estación” cuxa edición deste 2023, baixan o pano esta noite coa actuación da orquestra Tango.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button