EconomíaEconomíaViticultura

O tostado, nun obradoiro de cacao e viños doces do mundo

Impartirase na tarde do 10 de novembro na Aula de Servino na cidade da Coruña
Imaxe dunha cata de viños doces.
Imaxe dunha cata de viños doces.

Chocolate e viño. É unha interesante e sabrosa combinación que se despregará no “Taller de cacao e viños doces do mundo” que se celebrará o 10 de novembro (cun horario de 18h. a 20:30h.) na Aula da Servino Consulting na Coruña. Nel contara coa participación dunha das máximas autoridades en cacaos e chocolates do mundo: Daniel Huges. Guiados por el os asistentes farán un percorrido polo mundo do cacao “dende a plantación á elaboración do chocolate”.

Grans de cacao.
Grans de cacao.

No obradoiro abordaranse cuestións como a das sementes, plantacións, recoleccións, elaboracións, a análise sensorial, as orixes e a cata de “Grands Crus Reservas”. Asemade os chocolates irán acompañados de diversos viños doces, coa pretensión de acadar as mellores harmonías: Botríticos, PX VORS, Eisweins, Mistelas, Vendimias tardías, Tokajis. Entre eles non faltarán os tostados galegos.

Artigos relacionados

Back to top button