ConcellosÚltima hora

O total de residentes e do persoal da residencia de maiores de Trives dá negativo en Covid-19

"Isto estimúlanos para continuar traballando na mesma senda", di o presidente da Mancomunidade Navea-Bibei, da que depende este centro da terceira idade

Publicidade
Mensaxe de ánimo no exterior da residencia de maiores de Trives./ Foto cedida.

A totalidade das probas de detección de Covid-19 realizadas o 16 de abril, tanto a usuarios como a persoal da residencia da terceira idade de Trives, veñen de dar resultados negativos. Unha noticia recibida con moita alegría, tal e como asegura Miguel Sierra, presidente da Mancomunidade Navea-Bibei, da que depende este centro de maiores.

“Isto estimúlanos para continuar traballando na mesma senda que ata o de agora”, asegura Sierra, que ademais amosa o seu agradecemento polo “extraordinario labor levado a cabo por tan minucioso coidado dos nosos maiores por parte de todo o persoal do centro e da nosa directora, así como do persoal sanitario co que se está en permanente coordinación”.

O presidente da Mancomunidade Navea-Bibei tamén resalta “a comprensión e colaboración dos residentes que en todo momento se puxeron á disposición das ordes da dirección do centro e dos médicos, colaborando activimente dentro das súas posibilidades”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button