CulturaCulturaÚltima hora

O traballo xornalístico de O SIL, na exposición “Do viveiro á copa” en Vilamartín

 

No mediodía deste 20 de abril inaugurábase no segundo andar do antigo Concello de Vilamartín a exposición “Do viveiro á copa. Fotografías e arquivos históricos”, promovida polo Concello de Vilamartín, a Ruta do Viño de Valdeorras e o Instituto de Estudios Valdeorreses.

Nela reúnese material de diverso tipo, dende imaxes antigas cedidas pola veciñanza, pasando por recursos bibliográficos, antigas etiquetas e documentos vencellados ao mundo dos viveiros valdeorreses, libros, así como artigos xornalísticos, asinados por autores como o historiador Antonio Castro Voces.

Entre eses artigos figuran diversas mostras de reportaxes realizadas polo Periódico O SIL ao longo dos seus case trinta anos de historia. Algunhas son específicas do mundo da enxerta e do viveirismo, como unha publicada no 2023, e outras relativas á importancia da viticultura e do viño ao longo da historia de Valdeorras.

A mostra, que se enmarca na recuperación da Festa da Enxerta de Vilamartín, seguirá aberta ao público nos vindeiros días, tal e como sinlaba o alcalde, Enrique Álvarez.

Fotos: A.R.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button