DeportesPiraguismoÚltima horaVídeos

O Tren Fluvial, cheo de viaxeiros e música, rumbo á saída do LIV Descenso do Sil

 

A festa do LIV Descenso do Sil vén de iniciarse xa ás 17h. coa saída do tren fluvial gratuíto dende a estación de ferrocarril do Barco. Numerosas persoas, acompañadas pola música da charanga Ferruxa, subíanse a el para dirixirse a Sobradelo para ver a saída desta proba de piragüismo, que se celebra no marco das Festas do Cristo.

 

 

A medida que cada persoa se ía subindo ao tren recibía un pano conmemorativo do descenso de cor amarela. Unha vez completo, o tren partía para Sobradelo onde agardará na estación ata que se dean todas as saídas das piraguas. Despois o tren fluvial emprenderá viaxe de regreso ao Barco, se ben irá facendo paradas en certos puntos para que os seus usuarios poidan seguir a evolución da proba.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button