DeportesEnduroÚltima hora

O Trial A Peroxa reunirá esta fin de semana a máis de 300 participantes

 

A Peroxa será esta fin de semana a capital do motociclismo de campo galego coa celebración de competicións de trial e enduro durante as xornadas de sábado e domingo. O Trial A Peroxa, organizado polo Moto Club A Peroxa coa colaboración da Deputación de Ourense, conta con arredor de 300 participantes inscritos nas diferentes probas, o que constitúe unha altísima participación nas competicións de motos de campo.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, abordou os detalles do Trial A Peroxa co xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o concelleiro da Peroxa José Manuel Rodríguez; e o representante da Liga de Trial, Javier Quintas.

 

Presentación do “Trail A Peroxa”.

 

A xornada do sábado albergará as competicións de trial e mini enduro. Por unha banda, a proba de trial prolongarase desde as 12 ata as 17 horas. Esta competición, que forma parte da Liga Trial Box, dividirase en cinco categorías segundo a dificultade do percorrido. En paralelo, das 14 ás 17horas, celebrarase unha proba de mini enduro na que participarán os máis cativos.

Na xornada do domingo será a quenda do enduro, o prato forte da fin de semana, que se prolongará desde as 11:30 ata as 17:30 horas. Esta proba contará cunha grande participación, e será aínda máis especial pola presenza de varios campións nacionais de enduro júnior e absolutos.

Tanto para o trial como o enduro, o circuíto de competición será variado, contando con zonas de terra, pedra, barro e auga, e cunha contorna natural singular.

Artigos relacionados

Back to top button