CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

O tributo a Michael Jackson engaiola ao público na praza da Estación, na Rúa

Jackson Dance Company fixo un percorrido polos mellores temas do 'Rei do Pop'

 

Dende Bad, Beat it ou Billie Jean, ata Smooth Criminal, Black or White ou Dangerous. Dende a súa primeira etapa nos Jackson Five ata os últimos anos. O público que na noite do venres 5 de agosto abarrotaba a praza da Estación, na Rúa, desfrutou dun completo, vistoso e animado percorrido polos mellores temas de Michael Jackson.

Ao longo de case dúas horas, a compañía Jackson Dance Company ofreceu sobre o escenario o seu espectáculo Michael’s Legacy, a primera homenaxe ao ‘Rei do Pop’ que ofrece o concepto que tiña o cantante nas súas xiras.

 

 

Cunha escenografía moi coidada, réplicas exactas das cancións orixinais e un toque especial dado pola compañía, cun gran corpo de baile formado por 9 bailaríns e grandes voces en directo, fixeron vibrar ao público transmitindo as mensaxes que Michael Jackson facía chegar en cada unha das súas actuacións.

O concerto de onte pola noite era un dos pratos fortes do programa das Festas de Verán na Rúa que continúan hoxe, con pasarrúas da charanga BB+ e baile a cargo da orquestra Funçao Públika en sesión de tarde e verbena.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button