CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O trivés Luis Yáñez Abelaira presentará o seu novo libro na Casa de Galicia, en Madrid

"Reflexiones: 650 personajes importantes y famosos de la historia (ViveLibro, 2023)" conta con máis de 800 páxinas

 

Con varios libros xa ás costas, entre os que destacan Un camino hacia Santiago ou Memorias de un pueblo, Luis Yáñez Abelaira (natural da Pobra de Trives e residente en Madrid dende 1962), está en plena promoción do seu novo traballo literario, unha publicación de máis de 800 páxinas que vía a luz hai uns oito meses, tras anos de lectura, investigación e recompilación.

 

 

Trátase de Reflexiones: 650 personajes importantes y famosos de la historia (ViveLibro, 2023) que como o seu nome indica, recolle “as reflexións máis soadas e famosas de personaxes notables da historia a través das súas frases, deixando constancia da súa forma de pensar e a súa visión da vida. As máis significativas que transcenderon ao longo da historia, ben pola repercusión ou o impacto que tiveron no seu momento ou pola influencia que exerceron na sociedade. Así mesmo especifícase a época en que viviron e o seu currículo na marxe da súa significación social, política ou relixiosa”, explica o propio Luis.

Tralas presentacións en Segovia e Soria, proximamente faráo na Casa de Galicia en Madrid, acompañado entre outros pola escritora Espido Freire.

 

 

 

Falamos con el durante a súa visita ao Barco de Valdeorras acompañado pola súa filla Teresa. Máis información sobre o libro e a traxectoria de Luis Yáñez, na edición en papel de setembro do Periódico O Sil.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button