Intensa mañá de competición a do 17 de febreiro no Parque Náutico Castrelo de Miño. Nel desenvolvíase o Campionato Galego Individual de K1 e C1, sobre unha distancia de 5000 metros. Entre numerosos participantes nesta cita autonómica estaba o piragüista valdeorrés Adrián Prada Pérez (do Club Rías Baixas-Boiro), que volvía subirse ao podio, desta volta colleitando unha medalla de bronce en K-1 sénior. O padexeiro barquense lograba un rexistro de 00:22:14,53.
Na súa categoría impoñíase Antonio Palmas do Club Piragüismo Vilaboa, cun tempo de 00:22:03,89, seguido por Joaquín Iglesias do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro.
Fotos: loispradaf