DeportesÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares acudirá ao XII Campionato de España de 10 km ruta

 

Un total de nove atletas galegas e galegos tomarán parte esta fin de semana no XII Campionato de España dos 10 km ruta, que terá lugar na localidade extremeña de Don Benito. Entre eles estará o valdeorrés Alejo Ares, do Club Adas do Barco, tal e como vén de adiantar a Federación Galega de Atletismo (FGA).

É un atleta que sabe “o que é estar nun podio nacional sobre esta distancia, grazas ao bronce logrado no ano 2018 en Iurreta. Alejo estará acompañado polos seus compañeiros de club Manuel Enrique Estéve, José Manuel García, Pablo Prada, Paulo Rodrigues e Ricardo Vázque”, indican dende a federación.

Entre a relación de atletas desprazados, a FGA tamén salienta a presenza de Julia Vaquero do Atletismo Trega, quen recentemente lograba o subcampionato nacional na categoría máster 50 na proba de media marathon.

De igual modo tamén acude o atleta do Ourense Atletismo Alex Fernández quen xa afora subcampión nacional no ano 2014 en Padrón, posición que melloraba un ano despois en Albacete, logo de proclamarse campión nacional.

O atleta do Ourense Atletismo José Benito Gómez, que fai uns días lograba o bronce no Campionato Nacional de montaña da súa categoría, completa a relación de galegos quenes estarán en Badaxoz.

 

Artigos relacionados

Back to top button