DeportesÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares, terceiro na XII Carreira Popular de Monforte

O atleta valdeorrés Alejo Ares, nunha competición anterior./ Foto: Club Adas.

 

Entre os 1.158 atletas de distintas categorías que participaban na XII Carreira Popular de Monforte, celebrada nesta fin de semana, estaba o valdeorrés Alejo Ares Prada, do Club Adas Cupa. Este corredor subíase ao podio, ao lograr un terceiro posto na categoría absoluta masculina da proba.

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, salientou o “éxito desta cita deportiva, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, encheu a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.

Artigos relacionados

Back to top button