CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Chere e a pontevedresa Susana Ferradás expoñen nunha panadería de Vilagarcía

As súas obras poderán verse durante todo o verán en A Depensa, na rúa Baldosa da localidade

 

Apostan por achegar a arte dunha maneira diferente, apostando polos espazos comerciais, moi próximos ao público. Así, tras expoñer en Miranda Moda no Barco e nunha zapatería de Pontevedra, agora o valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e a pontevedresa Susana Ferradás amosan as súas obras na Panadería A Despensa, na rúa Baldosa, no corazón de Vilagarcía.

 

 

Así, Chere presenta “O que contan as madeiras do mar”. Transfórmase nun voyeur e plasma sobre madeiras antigas, coidadosamente escollidasm escenas de praias, co mar e mareas de fondo, en acrílico. Escenas inspiradas na xente, “a que vou observando, espiando”, apunta o artista.

 

 

Pola súa banda, Susana Ferradás recupera a infancia da sua avoa e da xente do mar en forma de gravado. Licenciada en Belas artes, relata de forma intimista e sinxela as paisaxes que acostuma ver. “Mulleres cheas de mar”, “REDEIRAS” e xentes “de pel salgada”, son os seus últimos proxectos e unha homenaxe as xentes do mar.

 

 

A exposición inaugurábase esta semana é poderá visitarse durante todo o veran. Supón “a mellor mestura posible para este veran, pan recén feito, empanadas e empanadillas deliciosas, e arte dentro da panadería A Despensa de Vilagarcía”, din os artistas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button