CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Christian Barrio presenta o seu libro “El último guarda de la Mina de Valborraz”, na TVG xunto ao seu avó

Estaba acompañado polo seu avó, e protagonista desta obra, José Barrio, natural de La Baña

 

Logo de varias presentacións en Valdeorras e na Baña, o xornalista e escritor barquense Christian Barrio Fernández daba a coñecer esta tarde no programa “Quen anda aí?” da Televisión de Galicia o seu libro “José Barrio. El último guarda de la Mina de Valborraz” (Punto Rojo Libros, 2022).

O protagonista deste volume, que se move entre o ensaio e a novela histórica, é o seu avó paterno, natural de La Baña (León), que viviu durante case 20 anos no poboado desa explotación mineira de volframio situada en Casaio (Carballeda de Valdeorras), primeiro traballando nas súas galerías e despois como garda. Foi unha mina estratéxica durante en etapas como a segunda guerra mundial.

Esta tarde Christian Barrio estaba tamén acompañado polo seu avó, e xuntos respondían as preguntas de Roberto Vilar e Juan Fuentes.

Imaxes: CRTVG.

 

Artigos relacionados

Back to top button