
O historiador e xornalista valdeorrés Christian Barrio presentará o vindeiro 19 de abril, ás 19.30 h o seu libro El último guarda de la mina de Valborraz, na Coruña. A actividade está promovida polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. O acto, que terá lugar na sede desta última entidade, comezará coa proxección do documental Lobos Sucios, do director rues Felipe R. Lameiro.
Despois Christian Barrio abordará como era a vida nas minas de volframio de Valborraz (Casaio, Carballeda de Valdeorras) a partir da experiencia do seu avó, José Barrio, que foi o derradeiro garda desta explotación, que recolle no seu libro. Tamén se centrará na relación do traballo na mina nunha contorna como os montes de Casaio, un territorio basicamente agrogandeiro e de subsistencia. Seguidamente, haberá un coloquio sobre esta temática.
Christian Barrio (O Barco de Valdeorras, 1997) estudou xornalismo en Madrid, e posteriormente fixo unha mestría en periodismo internacional por la URJC e de Historia contemporánea na Universidade de Cantabria.