DeportesÚltima hora

O valdeorrés Javier Fernández, no campionato galego de descenso

O membro do DH Galicia lograba o oitavo posto na categoría sub 23
Javier Fernández Quiroga en pleno descenso. /Foto: Melissa del Río Photography.

Uns 140 riders de toda Galicia déronse cita a pasada fin de semana na localidade pontevedresa de Vilaboa para participar no campionato de Galicia de descenso 2017. Unha proba na que por menos dun segundo de diferenza, Manuel Pellón coroouse novo rei autonómico desta modalidade.

O rider elite do BDM Bike Club marcou o mellor rexistro dunha competición na que se repartiron outros cinco títulos. Marco Martínez (Corbelo) nos cadetes, Víctor Mariño (XBikes) nos júniors, Martínez Cortiñas (Tribu del Ñu) nos sub23, Rubén Castro (XBikes) nos masters-30 e José Manuel Verdía (CiclosQuintena) fixéronse coa vitoria no resto de categorías.

Entre os sub 23 estaba o valdeorrés Javier Fernández Quiroga, membro do DH Galicia, quen malia as dificultades, as caídas e ter o cambio da bicicleta estropeado, conseguía rematar a carreira no 8º posto da súa categoría e o 26º na xeral.

O evento que supuxo o regreso a Vilaboa, catro anos despois, da cita máis importante do Descenso galego, estivo organizado por C. D. Kamikazes, sobre un trazado incluíu a baixada dende o Lago de Castiñeiras.

Artigos relacionados

Back to top button