
Excelente actuación do piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira (DG Motorsport) no Campionato Social Series de Karting Cabañas Raras, que comezaba a disputarse neste sábado 20 de novembro neste circuíto berciano.
Así, Leo Pérez, que compite en categoría CD Mini, lograba baixar en medio segundo o récord do circuíto, é dicir, de 58,3 a 57,9. Sucedía na primeira da carreiras, ás 14:10 h. Despois, ás 15:40 tomaba a saída na segunda, impoñéndose con notable vantaxe en ambas. Isto permitirase saír de primeiro, fixo “a polé en clasificación”, na clasificación, destaca orgulloso o seu pai, Julio Pérez. Mañá será a xornada decisiva e o valdeorrés, que corre un Alonso Kart, sairá a loitar polo título.
Fotos cedidas.

