AutomobilismoDeportesÚltima hora

O valdeorrés Leo Pérez prepara en Málaga a primeira cita do nacional de karting

Publicidade

 

A falta dunha semana para iniciar o calendario do Campionato de España de Karting, o piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira, que compite co equipo ALC Motorsport (que leva a marca Kosmic Kart), está a reforzar o seu adestramento. Neste senso, nesta fin de semana desprazábase ata o circuíto de Campillos (Málaga), onde se disputará a primeira das probas desta competición.

Nesta galería de fotos podemos ver a este piloto da categoría Mini adestrando e tamén con Jaime Alguersuari, ex piloto de F1 da Escudería Toro Rosso e Bruno Méndez, campión de Europa de F3.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button