En portadaÚltima hora

O valdeorrés Leo Pérez, quinto en Mini Rookie no nacional de Karting en Zuera (Zaragoza)

 

A sorte dáballe as costas nesta fin de semana ao piloto Leo Pérez Pereira no circuíto de Zuera (Zaragoza). A pesar da ilusión e do esforzo, as cousas forónselle complicando a este rapaz valdeorrés que compite co Equipo ALC_Motorsport Kosmic Kart no Campionato de España de Karting.

Tras o accidente que sufría o pasado sábado nos adestramentos e no que o seu kart quedaba destrozado, Leo comezaba onte as clasificatorias e hoxe as carreiras cun novo kart (de similares características ao anterior) que lle mercaba o seu patrocinador KF Racing Products Karts Francis. Tamén con moita ilusión, pero cun dos seus pés lesionado.

Na competición as cousas non saían como esperaba. “Foi todo moi mal, a verdade. O novo chasis debería ser igual que outro, só cambia o color do Kosmic ao Tony Kart, xa que os dous son do Grupo OTK, pero o certo é que o Tony non foi ben ou non soubemos poñelo a punto cos reglaxes”, explicaba Julio Pérez, pai do piloto, tras a segunda cita do nacional de Karting.

Aínda así, o piloto valdeorrés finalizaba quinto na súa categoría Mini Rookie e 20 na xeral. “Cremos que merece estar máis arriba, aínda que sabemos que as carreiras son así. Leo tiña o pé dolorido, era ademais o pé do freno, pero quería correr e podían máis as ganas que a dor. Ímonos desgustados, pero seguimos aprendendo, é o primero ano de Leo e trátase de aprender e de mellorar, e de todo se aprende”, conta o pai do piloto.

De feito, Leo ten xa a mirada posta na seguinte proba do calendario nacional, que terá lugar en Recas (Toledo) en Karting Correcaminos do 9 ao 12 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button