CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Lois Prada gana o III Concurso de Fotografía do Camiño de Inverno

O terceiro premio tamén lle correspondía a outro valdeorrés, Manuel Juan Otero

Imaxe de Lois Prada, ganadora deste concurso convocado pola Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra.

 

Ata Valdeorras viaxa o primeiro premio do III Concurso Fotográfico do Camiño de Inverno, que convocaba a Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra. Facíase con el o barquense Lois Prada Ferrer. Trátase dunha imaxe tomada na mina romana de ouro das Médulas (Bierzo), titulada título “Sol e Sombra de Ouro”.

O segundo premio correspondíalle ao monfortino Antonio Cortiñas pola foto “Ponte Medieval sobre o río Cabe, en Monforte. O terceiro premio foi para outro valdeorrés, Manuel Juan Otero Pérez, pola fotografía “Primaveira e Ponte Medieval sobre o río Sil”, en Sobradelo, Carballeda de Valdeorras.

O xurado decidía ademais outorgar un accésit á salmantina, María Teresa Hernández Miranda pola foto “Entre Cruces” en O Faro.

Artigos relacionados

Back to top button