DeportesÚltima hora

O valdeorrés Mateo Valcarce, subcampión galego en 2 km marcha Sub14

 

Cunha medalla de prata regresaba o valdeorrés Mato Valcarce Fernández (Club Adas Cupa do Barco) do XV Campionato Galego de Marcha en pista (inverno) que se celebraba na pasada fin de semana na Pobra do Caramiñal (A Coruña). Facía unha gran carreira na proba de 2 km marcha Sub14, logrando ademais unha destacada marca de 11,00.

 

 

 

Nesta mesma competición autonómica, que tiña lugar o 26 de novembro, participaba a tamén barquense Paula Cela (Adas), quen melloraba a súa marca con 12,22 segundos, logrando unha novena posición. Dende o Club Adas expresábase a súa noraboa aos atletas “e especialmente ao noso adestrador Marcos que sempre vela para que todo estea perfecto”.

Fotos: Club Adas.

 

Artigos relacionados

Back to top button