DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao, na XIII Carreira Popular de Monforte

 

Un total de 1.132 atletas inscribíanse nas diferentes categorías da XIII Carreira Popular Concello de Monforte, que se celebraba na mañá deste domingo 2 de abril. Competín tamén diferentes distancias en función da idade dos participantes.

Entre eses corredores estaba o valdeorrés veterano Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco. “Era a miña carreira 666, xa é historia. Proba superada 10.000 m”, comenta o atleta.

En categoría masculina absoluta, o gañador foi Jorge Puig Malvar mentres que na absoluta feminina, foi a deportista Edymar Breu Abreu a gañadora.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button