No IV Pajariel Trail-Cidade de Ponferrada tomaba a saída esta mañá o atleta valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa do Barco). Participaba na proba de 10 km, cuxo traxecto tiña un desnivel duns 650 m. “Hoxe tocábame durmir unha hora menos para facer a miña carreira: 665, a Pajarieltrail de 10 K + 650 e toda Ponferrada aos nosos pes”, comenta este corredor.
Fotos cedidas.